RECURSOS2018-10-08T13:14:44+00:00

Con estes recursos terás menos disculpas, comeza a bailar!

Clase descargable de danza tradicional africana con Tania Veiga

Comeza a bailar!

Para as persoas máis tímidas, aquí tes unha clase descargable para que poidas facela onde che prazca.

Non podo facerche sentir a percusión en directo nin transmitirche o calor de bailar en grupo, pero espero que con esta clase comeces a traballar teu corpo, a coñecer algúns pasos de danza africana e a sentir como vas reactivando a túa vitalidade.

Necesitarás unha hora polo menos e un espacio onde poidas moverte sin problema, onde polo menos si abres os teus brazos non choques con nada. Repite esta clase tantas veces como che sexa necesario para que os movementos se interioricen, así é como aprendemos nas clases presenciais, a base de repeticións.

Aprende 5 movementos básicos!

Accede ó vídeo no que che ensino cinco movemento básicos de danza tradicional do oeste de África.

Son uns movementos simples e bastante comúns. Poderás bailalos non só cos ritmos do oeste de África, tamén che van encaixar ben ca música que escoitas habitualmente.

Espero que o disfrutes!!

Ondas de África, curso intensivo de danza africana no mes de xullo en Carballo e na praia de Razo

Queres un 20% de desconto?

Inscríbete nesta lista de aviso preferente para beneficiarte do 20% de desconto no curso ONDAS DE ÁFRICA

Só as persoas que estean anotadas nesta lista serán avisadas do prazo de pre-inscrición no que poderás pagar un prezo reducido.

Si non sabes que é o Ondas de África, podes consultar toda a información aquí!

Próximamente máis recursos ;)…