Queres ser unha Mendiani?

Queres ser unha Mendiani?

Manjani, Mendiani ou Mandiani, son nomes do mesmo ritmo.

Cada pobo ten a súa Mandiani, que é a mellor bailarina do ritmo.

As cativas de entre 6 e 14 anos son ensinadas Mandiani por unha Mandiani xa anciá. Aprenden os movementos tradicionais desta danza e tamén movementos acrobáticos e coreografías novas.

A anciá, escollerá á nova Mandiani entre tódolxs cativas por ser a mellor bailarina. Daquela, esta Mandiani será a que baile en solitario, antes de que baile o grupo enteiro.

Os días de bailar-celebrar Mendiani, as rapazas son chamadas á casa da “nai” Mendiani, para prepararse, vestir as roupas (un boubou) e poñer unha máscara.

Son os mozos do pobo os que as van buscar ás casas e lévanas sobre os ombros, elas portando as máscaras até o centro do pobo. Xa alí quitan as máscaras. O ritmo que soa á súa chegada é o Denadón.

Os Jelis comezan a cantar Mendiani e a música cambia de Denadón a Mendiani. Agora é cando comeza o baile que durará horas.

Según o que din algúns cantos recollidos, o pobo valora moito a axilidade, a rapidez e a forza das bailarinas.

A historia é que é un proceso longo, que dura meses e que é parte da preparación para a circuncisión feminina. Ou foi.

O certo é que hoxe día, Mendiani é un ritmo moi extendido que se baila en numerosas ocasións incluíndo casamentos, bautizos, etc, non necesariamente vinculado á circuncisión.

Pero a min interésame o seu orixe, o seu significado, para poder bailalo dunha forma que teña algo da nosa emocionalidade, que teña algo máis de chicha, para que os movementos trascendan a mecánica.

Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.

Mendiani vai ser o ritmo co que imos iniciar o curso en outubro!

Si queres ser a nosa Mendiani, terás que vir a clase!

Podes anotarte na lista de aviso preferente. Formar parte desta lista non te compromete a nada, simplemente me das permiso para que che mande a info do curso, as modificacións si é que as hai e máis que te avise uns días antes de abrir o prazo de inscrición. Así tes unha pequena vantaxe porque as plazas son limitadas e adxudícanse por orde de reserva.

Por suposto, si coñeces a quen lle poida gustar este post, non tes máis que compartirllo!

Que teñas unha feliz semana!