tambores sagrados, djembe sagrado, tambores africanos, fábula, conto

Que é unha enchauffment?

Na danza e percu do oeste de África existen varios códigos entre a danza e a percu, hoxe explícoche o que é a enchauffment.

Xa che falei noutro post sobre a interrelación que hai entre danza e percu; sobre como a percu dirixe a danza e como a danza crea música tamén.

Un ritmo tradicional do oeste de África é dinámico. Normalmente hai varias veces durante o ritmo e con frecuencia tamén ó finalizar, nas que hai unha subida de intensidade que pode ser de volumen, de velocidade ou ambas. Esto é a enchauffment  (si, utilizamos o francés…).

Cando hai unha enchauffment, na percu os instrumentos modifican algo os seus patróns para provocar esta subida de intensidade e a danza tamén acompaña.

Hai movementos característicos que suelen acompañar á enchauffment e hoxe vouche ensinar dous que son moi básicos e que utilizo nas aulas con frecuencia para despedirnos dos músicos.

É a nosa forma particular de acabar cun pouco de despiporre pero tamén é a forma de devolverlle xs músicxs unha parte da enerxía que nos están a dar durante toda a clase.

Feliz semana!

P. D. Quizais che interese este post: Como nos sincronizamos na danza tradicional do oeste de África.

Categorías

Artigos recentes