Cal é a posición básica na Danza Tradicional do Oeste de África?

Estou segura de que a posición básica que posuímos na danza tradicional africana, é natural en ti. Apostamos?

Si ves a clase, xa sabes de que che estou falando. Recordo que ó comezo de facer danza africana, a postura báseca (que che explico no vídeo) resultábame incómoda. Foi con tempo que conseguín acomodala no meu corpo.

Cada unha de nós ten un corpo diferente e por iso esta postura será distinta entre todxs nós. Ti tes que encontrar o teu xeito. Foi case de casualidade que me din conta cun exercicio moi sinxelo e divertido, que esta posición (non exacta, pero cercana) é natural e instintiva porque é unha posición de ataque e de defensa.

No vídeo que tes a continucación, explícoche como é esta posición básica e propóñoche un xogo para que comprobes si ti tes naturalizada esta posición ou non.

Para realizar o xogo necesitas; dúas cordas de aproximadamente 75 cm, un/unha compi ca que xogar e un espazo algo amplo.

Espero que te divirtas e que te descubras!

Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.

Por suposto, si coñeces a quen lle interese este vídeo, podes compartirllo

Abur!