Que fas cando non podes expresarte con palabras?

Que fas cando non podes expresarte con palabras?

No universo que xira en torno ó ser humano, existen situacións, emocións, sentimentos que non sabemos expresar con palabras.

Nunca che aconteceu? Nunca che pasou que con palabras non conseguías comunicarte? E que fas neses casos? En que te apoias? Usas os xestos? Cres que xa o teu corpo fala por ti?

As persoas que me coñecen ben, xa saben pola miña cara ou postura corporal, como me encontro. A ti tamén che pasa?

Dícese que o que non se pode nomear, non existe.

Quizais.

Pero acaso a linguaxe e a comunicación están restrinxidas ás palabras?

A música nos evoca emocións e nos leva a lugares descoñecidos, quizais innombrables. Pero existen, existen a través da música e o mesmo acontece ca danza.

A danza, o movemento, o xesto; transmiten. Teñen o poder de xenerar un universo de emocións, lugares, fantasías, soños e pesadelos. A danza posúe o poder de xeneralos tanto para xs bailarínxs, como para xs espectadorxs.

É unha mágoa. Quédanos lonxe. Perdimos este poder.

Ou acaso ti sabes como bailar a túa raiba? A túa tristeza? A sororidade?

Cres que necesitas ir a clase de danza para saber facelo?

Non sei si o crerás, pero a danza foi unha ferramenta fundamental dentro da cultura grecoromana. Valeu para manter en forma ós guerreiros; pero tamén para o pobo, para expresarnos, para elevar a nosa alma, para sobrelevar as perdas e as tristezas.

A danza era fonte de empoderamento.

Seguramente este foi o motivo polo que foi perseguida e prohibida pola igrexa católica.

O que é certo é que a danza segue a elevar o noso espíritu. Porque seguimos sentindo o impulso de bailar cando oímos música. Si non o fas, quizais é porque te sintas patosx e xa perdeches o hábito, pero de cativx seguro que bailabas.

Cando bailamos por bailar, nos pubs, nos concertos, na casa… Por que o facemos? Por que o fas? É realmente porque eleva o espíritu. Faiche ben, sénteste ben e punto. Por uns intres esqueces o cotiá e só bailas, estás contigo mesma.

Danzar unha sola aporta poder, pero bailar en grupo… bailar en grupo difumina as diferenzas e nos une como humanidade.

Recupérate, recupera esta ferramenta que tes ó teu alcance de forma inmediata e gratuíta. É coma respirar.

Tódolos luns lanzarei un vídeo en directo tanto en Instagram (sígueme) como en Facebook (sígueme), reivindicando a danza como ferramenta de expresión e autocoñecemento.

Cada semana propoño un motivo para que bailemos!

Súmate ó movemento #oslunsbailemos

P. D. Antes de despedirme, só quería dicirche que estou construíndo a lista de interesadxs nas aulas regulares. Anótate si o corazón e o corpo che piden bailar. Logo xa se verá o que che marca a vida.

P. D. 2 Acórdaste? Ven bailar, gozar da música e da danza, comer rico e moito máis este sábado 15 de xuño no Galinké Folí que celebramos en Compos, no CSC Agustín Bueno.