Necesitas liberar estrés?

Necesitas liberar estrés? Explícoche como con Tania Veiga

En xaneiro comezamos trimestre novo, podes incorporarte ás aulas regulares!

SOLICITA A TÚA PRAZA!

Necesitas liberar estrés?

Creo que todxs necesitamos liberar estrés, varias veces cada día, semana, mes…

Unha tese doutoral non é moco de pavo. Non coñezo a ninguén que durante a súa etapa de doutorado non sufrira un gran estrés.

Obviamente, non é a única circunstancia da vida que nos provoca estrés. Sen ir máis lonxe, traballar, traballar, traballar e inda ter traballo enriba e tarefas para antesdonte.

Fáloche dunha tese, porque é un caso cercano para min que vivín non hai moito tempo. Pero eu tiña salvación.

O estrés é unha resposta fisiolóxica totalmente natural ante un perigo para poder escapar.

O corpo entende que estamos ante un perigo e que temos que fuxir: producimos adrenalina para que as nosas células teñan combustible o noso corazón aumenta de pulsacións para osixenar ben os músculos e escapar. A nosa mente ponse alerta.

As ameazas ás que facemos fronte hoxe día, non se solucionan escapando ou si pero non podemos marchar fuxindo (quizais en pouco tempo comecemos a ver xente correndo sen rumbo polas rúas…).

A resposta fisiolóxica é a mesma e sen esta escapatoria non liberamos todo ese cúmulo de enerxías que o corpo está a dispoñer para nós.

Maaaaal.

Inda que esteamos sentadxs, o estrés cansa, porque todo ese mecanismo se pon en marcha. Si, o estrés cansa. Pénsao ben, acaso non acabas cansadísimx eses días que traballas con estrés? É proporcional ese cansancio ó cansancio que terías se fixeras as mesmas tarefas con calma?

Cal foi a miña escapatoria? Como liberaba eu o estrés?

A danza con base na tradición do oeste de África. Porque podía soltar todo ese exceso de enerxía, porque tiña un paréntese de todos aqueles excesos laborais, porque me sentía moi ben comigo mesma, porque remataba moi relaxada.

Olloooo, olloooooooooo que chega o mes de decembro.

Para moitas persoas, este mes é un mes de moito estrés. Xa non é só que no teu traballo hai que rematar as tarefas atrasadas, facer os recontos e cálculos do ano, facer fronte a unha maior carga de traballo; tamén son os gastos a maiores que temos no Nadal.

Busca esa actividade “escapatoria”, pero esa escapatoria que te coide. Tomarse unhas birras está moi ben, pero á larga…

Que tal bailar? Suar todo ese exceso de enerxía, recuperar vitalidade e facer un paréntesis?

Podes compartirlle este post a quen saibas que padece estrés e estea buscando unha solución a este malestar que tanto nos enferma.

Feliz semana!

P. D. En xaneiro comezamos trimestre novo, podes comezar o ano dunha forma diferente!

Estes son os grupos

Martes de 18:45h a 20:15h en Santiago de Compostela

Mércores de 12h a 13:30h en Santiago de Compostela

Mércores de 20:30h a 22h en Carballo

Xoves de 20:15h a 21:45h en Bertamiráns

SOLICITA A TÚA PRAZA!

Categorías

Artigos recentes

2018-11-30T20:41:38+00:00

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.