Queres probar esta masterclass online de danza africana?

Ensínoche unha danza do ritmo Sinté, para que poidas facela cando queiras e onde queiras!

Sentarache ben bailar, si estás nesta situación:

  • Os excesos do traballo e a falta de coidados xa se notan na túa saúde
  • Envelleces pero quizais máis rápido de como a ti che gustaría
  • Certamente, teu corpo pídeche actividade e coidados, pero abúrreste como unha ostra no ximnasio e o que necesitas é divertirte

Ademais tes vergoña e non che gusta bailar en público. Veste como un pato mareado…

Ou quizais cos horarios que levas, nunca das cadrado con ningunha actividade que che gusta.

Está ben, entendo. Por iso cho poño fácil con esta masterclass online de danza africana, para que poidas probar dende o salón da túa casa, cando queiras. Ti programas dándolle simplemente ó play.

Non sei si coincides comigo pero vivir pegadx a unha pantalla, con falta de tempo, con estrés, preocupacións… non é vida.

Non se trataba de vivir felices, con boa saúde e con vitalidade? Polo menos eu de pequena así o pensaba. E sígoo pensando.

Teño preparada esta clase de proba online para que poidas moverte un pouco si o teu corpo o necesita, para que poidas coñecer a Danza Tradicional do Oeste de África e para poder adaptarme ós teus horarios.

Pero realmente, non te vou enganar, unha clase online nunca poderá sustituír unha clase offline, porque faltan as persoas, porque falta a percusión en directo! Un gran parte do seu efecto terapéutico só acontece cando estamos todxs xuntxs.

Gustaríame que te achegaras presencialmente á danza africana (podes ver os cursos que hai en vigor aquí), pero vamos con calma. Paso a paso ;). Quita as vergoñas, as dúbidas e divírtete con esta masterclass online. É un bo primeiro paso.