Manifesto de Danza Tania Veiga

Manifesto de Danza Tania Veiga. Que é o que me leva a ensinar Danza Africana?

Entre todo o descanso de agosto, fun reflexionando acerca de cales eran as causas verdadeiras, as causas profundas que me levan a ensinar danza. Destas reflexións saiu o que chamo o Manifesto de Danza Tania Veiga. Sae dende as miñas entrañas, dende o máis profundo.

Por iso, desta vez, non fun capaz de gravarme… Son reflexións bastante íntimas, que escribo sabendo que as vou compartir contigo, que as quero compartir contigo; pero non diante dunha cámara.

Por que quero compartilo contigo? Porque ó fin e ó cabo, ti formas parte da comunidade. Tanto si ves a clase como si non ves a clase, recibes estes mails e con eles a miña filosofía empresarial, vital, artística…

Rascando, rascando, isto foi o que atopei, dende as entrañas.

Manifesto:

O tempo pasa inevitablemente e é un ben imposible de recuperar. Está ben que sexa así, por máis que anhelemos tempos pasados; as experiencias vividas nos ensinan e nos enriquecen.

Inda que tamén nos desgastan.

O noso corpo vai perdendo vitalidade, axilidade… oxidámonos.

A nosa ilusión decae ante a dureza da vida, o estrés non nos permite un verdadeiro descanso.

A nosa enerxía merma ante tantas responsabilidades e dificultades.

STOP

Todo o anterior é certo, pero é posible virar as tornas, mitigar os efectos, re-enamorarse, re-ilusionarse. Só che fai falla atopar o motor da túa vitalidade.

Creo firmemente que as persoas perseguimos inherentemente a felicidade e teño por seguro que si vives desconectadx do teu corpo, non podes ser feliz.

Hai algo dentro de min que me di que todxs deberiamos (e podemos) vivir mellor, querernos máis, calmarnos, pausarnos, observar, estar máis presentes, compartir.

Ese algo dentro de min sabe que mediante a danza africana conseguimos todo isto.

Mediante a Danza con base na Tradición do Oeste de África axúdoche a que te achegues, coñezas e coides teu corpo; a descubrirte en plenitude. A liberar estrés, a re-enamorarte de ti mesmx, a volver a ilusionarte.

O meu compromiso é firme para que esta experiencia sexa liberadora, reveladora e terapéutica.

Para conseguilo, o método é importante. Toda vez que fun alumna, seleccionei (case de forma inconsciente) os exercicios, métodos e dinámicas que me permitían aprender mellor, divertirme e descubrirme.

Coñezo a a eficacia da repetición e a necesidade do corpo de recibir a información clara e dosificada.

Imprescindible a diversión e a percusión en directo para conseguir o meu anhelo: quero ver ás persoas medrar, non só como bailarinas, senón tamén como seres plenos, seguros de si mesmos e sanos.

Espero que esteas moi moi ben! Podes deixar embaixo o teu comentario e así non serei eu sola compartindo pensamentos.

P. D.

Estamos en prazo de reservas para o intensivo do día 27 de outubro en Danzalia Mundi Coruña, 11h a 14h. 

Tes para reservar ata o vindeiro venres 19 de outubro. As prazas son limitadas.

Máis información e reservas en info@danzataniaveiga.com