Pavor medo a improvisar

Improvisar a ti tamén che da pavor?

No vídeo anterior faleiche do ritmo Guidamba e expliqueiche que é un ritmo que se baila soleando. Tamén che dixen que será o ritmo sobre o que traballemos o próximo trimestre e aproveitarei para que nos vaiamos soltando no arte de solear.

Si te imaxinas no momento previo a improvisar, éntrache mediño, vértigo ou vergoña?

Eu son das que se pon nerviosa e realmente, estes nervios non me deixan disfrutar ó 100%. Vergoña tamén sinto un pouco, porque unha cousa é facer algo que está pautado (unha córeo) e outra diferente facer algo que che sae de adentro.

Son tamén moi crítica comigo. Reconózome criticándome durante toda a improvisación: que seguro que non coloco ben os brazos, que a miña posición está descoidada, que non bailo con enerxía abondo, que non me deixo fluír… E claro, non me deixo fluír.

Fluír é algo que me custa moito moito moito. O meu racional imponse ós meus impulsos e déixame presa.

E non me gusta que esto me aconteza. Entendo que é unha limitación, que incluso podo traspasar estes instantes a unha filosofía vital. Moitas veces, o meu racional imponse ós meus impulsos (e esto pásanos a tódalas persoas que deixamos de facer algo pola vergoña…).

Si, sonche sincera, este é o meu punto fraquísimo.

Pero como non me gusta, busco traballalo. Teño feito cursos de danza africana nos que se traballa a improvisación. Foron sempre moi positivos, por máis que o pasara mal en certos momentos.

Aprendendo a improvisar, dinme conta de que “non se nace aprendido” tampouco en esto de solta-lo corpo.

Quizais de cativxs era doado, pero sendo adultxs, hai que volver a reeducarse. E pódese facer.

Tamén aprendín ferramentas moi útiles para poder crear solos: podes basearte nun estímulo musical; podes utilizar movementos pautados, desfacelos e xogar con eles para crear unha frase; podes inspirarte nunha palabra e investigar esta palabra no teu corpo; podes utilizar frases/poemas; podes traballar dende as emocións… Hai un sinfín de exercicios.

No próximo trimestre, utilizarei algunhas das ferramentas aprendidas, tanto para solta-lo corpo e minimizar a carga do racional no movemento, como para crear frases-movementos propios.

Si che encanta improvisar, xenial estarás na túa salsa! E si che da pavor, é unha boa ocasión para romper barreiras. Haberá moito xogo e estarás en familia.

Unha das maiores aprendizaxes foi saber que non hai persoa máis crítica comigo mesma que eu. Nin as compis nin xs profes nin xs músicos te sinalan mentras bailas. Máis ben admiran a nosa valentía.

Invítote a que comeces con nós o terceiro trimestre!

Inda que non teñas vido a clase anteriormente, podes aproveitar os meses de abril, maio e xuño.

Neste trimestre, por medio de xogos e dinámicas seguiremos traballando a nosa forma física, coordinación e control corporal.

A diferencia é que darémoslle cabida á improvisación pero con pautas, acompañada de exercicios.

É o trimestre da creatividade, o máis divertido, ideal para que busques a túa cor, para que reluza o que tes no teu interior.

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza antes do 25 de marzo! 

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Quero reservar praza nas aulas regulares!!
Quero reservar praza nas aulas regulares!!

Categorías

Artigos recentes