Fragmento de Mendiani

Neste vídeo ensínoche un fragmento de Mendiani, ensínacho unha Tania que tiña 30 anos.

A verdade é que non estou ó 100% convencida de ensinarche o próximo vídeo, pero prefiro tomar o risco…

No momento no que escribo isto, xa teño a cabeza posta no próximo curso, xa teño a programación definitiva e agora dispúñame a relembrar as coreografías que me ensinaron de Mendiani e tamén a recompilar material que hai en internet.

Quería adiantarche algún pasiño do Mendiani que imos traballar no primeiro curso. A idea era gravarme, pero dedicín coller un fragmento dun vídeo do pasado.

Cando puiden adicarme a estudar danza africana máis intensamente, o primeiro que fixen foi baixar a Badajoz para estudar con Cristina Rosa, unha das referentes a nivel peninsular, sen dúbida.

Ademais de asistir a tódalas clases, practicaba en casa. Debía poñerme as pilas pois eu comezaba en febreiro e o curso xa levaba uns meses de andaina.

Tamén o facía por puro pracer, claro!

Cada certo tempo, me gravaba para así ter as córeos e poder estudar e utilizalas nun futuro.

Estas gravacións foron feitas exclusivamente para que eu estudara e agora o que vou facer e compartila (un fragmento moi breve) con vós. Este é o risco!

Prefiro non pensalo demasiado porque me sinto bastante vulnerable.

Gústame mostrarme tal e como son, sen maquillaxes nin efectos especiais; pero hoxe vou algo máis aló, vasme ver case igual que como me levanto polas mañás, pero máis sudada 🙂

En cuestións técnicas de danza… hai 3 aniños tiña algo menos de experiencia, pero moitas moitas ganas. Por eso me gusta.

Algún fragmento do Mendiani que aprendín con Cristina, imos aprendelo no primeiro trimestre, HOXE ABRO O PRAZO DE INSCRICIÓNS e estará aberto só ata o 25 de setembro.

As prazas son limitadas en tódolos grupos. Terán preferencia as persoas que se anoten ó trimestre completo. As prazas adxudícoas por orde de inscrición:

Martes de 18:45h a 20:45h; r/ Castiñeiriño, 21; Santiago de Compostela.

Mércores de 12h a 13:30h; r/ Castiñeiriño, 21; Santiago de Compostela.

Mércores de 20:30h a 22h; O Casino de Carballo; Carballo.

Xoves de 20:15h a 21:45h; r/ Agrelo, 3; Bertamiráns.

Reserva a túa praza escribíndo teus datos no cajetín que tes embaixo. Informarémoste das prazas que quedan libres, dos prezos e de como debes proceder para facer a reserva.

Que teñas unha feliz semana!