tambores sagrados, djembe sagrado, tambores africanos, fábula, conto

Fáltache control en cadeira e peito?

Hoxe teño preparado un exercicio breve e faciliño que che axudará a que gañes control corporal a nivel de cadeira e de peito.

Na danza tradicional do oeste de África bailamos con todo o corpo e moitos movementos teñen o foco en peito e de cadeira.

Particularmente, a min paréceme moi interesante gañar control sobre cadeira e peito e poder illar ambas partes.

Non é que me interese unicamente o control destas zonas, ademais os movementos a nivel do peito son liberadores pois nos axudan a descargar moitas emocións que están retidas nesta zona (todas aquelas palabras tragadas, sustos, todo o que nos deixa sen respiración e sen palabras…).

Para realizar este exercicio imos a colocarnos en cuadrupedia, pero non precisarás nin descalzarte nin cambiarte de roupa.

Alá imos!

Espero que te divertiras e non te frustraras. Dígoche unha vez máis: todo é cuestión de repetir e divertirse.

Xa sabes, si se che pasa algo pola cabeza que queiras dicirme, podes deixar teu comentario.

E coma sempre, si coñeces a quen lle poida interesar o post, non dubides en compartilo. Ambxs estaremos agradecidxs.

Que teñas unha feliz semana!

P. D. Quizais che interese este post: Exercicios de peito para que brille o teu sol!