Tes un bo control corporal? Canto controlas o teu peito?

Según a Técnica Acogny ( a única técnica codificada que hai en Danza Africana, desarrollada por Germaine Acogny) existen  tres puntos clave no noso corpo. Un deles é a nivel do peito onde se ubica (según a súa visión) o noso Sol, un sol que ten que brillar e que debemos remexer.

Si o pensas ben, a nivel de peito retemos moitas emocións negativas: palabras que te tragas, respiración contida ante un problema… Mesmo as persoas decaídas ou con moitas responsabilidades rematan por encorvar os ombros cara adiante, escondendo así o seu sol.

A musculatura desa zona, recolle esta información negativa. Por eso, movilizando esta zona podemos canalizar esta enerxía dunha forma saludable. Podes correxir a túa postura si tes os ombros decaídos. Van da man, se ti mexes e corrixes, os teus pesares tamén se alivian.

Así que nada, propóñoche uns exercicios para que tomes consciencia, control e aproveites para sanarte un pouco!

Si practicas danza tradicional, estes exercicios seranche moi útiles porque son movementos que hai na danza tradicional do oeste de África e tamén porque certos movementos axudan logo a mover os brazos en arcos e tamén o pescozo.

Si tes algún comentario, por favor, non o dubides, escribe.

Si tes algunha dúbida, algún exercicio que che gustaría que che explicara, algunha dificultade que poida remediar, etc. tamén podes consultarmo. Ven podes deixar un comentario aquí embaixo ou mediante o formulario de contacto