Exercicio de torso

Exercicio de torso

Neste mes de maio quero que nos acompañes nas aulas, para que poidas ti tamén traballar a técnica que logo che permitirá coñecerte mellor e lucir máis si che gusta improvisar e bailar ó teu aire.

Si ben é certo que este trimestre está enfocado a mellorar a nosa creatividade e a coller ferramentas para perderlle o medo á improvisación, precisamos a técnica máis que nunca. Como di Alphonse Tiérou: para poder bailar según os nosos impulsos, precisamos ser mestrxs do movemento.

No vídeo de hoxe vouche ensinar un exercicio de torso.

Precisas controlar este exercicio de torso porque acompaña mooooitos movementos da danza malinké e che permite coller unha inercia que en seguida se identifica co movemento “afro”.

Inda que ollo, logo terás a tentación de dotar a tódolos movementos con esta inercia porque se sinte eso, moi afro. Pero non caias nos erros da maioría, si dotas a tódolos movementos que poidas desta inercia, estarás perdendo cores.

O interesante é controlar o movemento e decidir cando facelo e cando non.

Ademais, logo de explicarche o básico, voute levar ás aulas, para que poidas ver como utilizamos este movemento noutro exercicio.

Veña, ponte a bailar, a coñecerte e adéntrate nos códigos corporais da danza malinké.

Antes de deixar o post, quería agradecer ás alumnas que se deixan aparecer nestes vídeos.

Ten moito mérito porque unha cousa é que te graven cando xa controlas o movemento e outra que te graven cando inda estás aprendéndoo.

Digamos que é algo así coma que che saquen unha foto de mañá cando inda nin lavaches a cara 😉

Practica este exercicio de torso porque a semana que ven veremos outro moi parecido, pero esencialmente oposto!

E si che interesa o tema, quizais che interese este vídeo: Exercicios de peito para que brille o teu Sol!

Que teñas unha feliz semana!

P. D. Si queres vir bailar, para as regulares xa vas tarde, pero podes consultar os cursos intensivos que hai en vigor aquí.

P. D.2 Xa sabes que estarei feliz de que me deixes teu comentario por aquí ou por mail (info@danzataniaveiga.com) e tamén si compartes este post.