movemento de torso para a danza malinké danza africana

Exercicio de torso II

Ola, moi boas!

Seguimos ca secuencia de exercicios que estou utilizando nas aulas nas que estamos traballando a técnica.

Este vídeo é moi interesante si puideches seguirme no vídeo da semana pasada (Exercicio de torso). Si non foi así, non pasa nada, pero recoméndoche que o mires.

A semana pasada vimos un movemento de torso que nos da unha inercia que recoñecemos en seguida como moi “afro”. Pois realmente o movemento que che traio hoxe é case igual: faremos o mesmo co torso, pero os tempos do movemento serán diferentes e a inercia cambiará completamente.

Que non me entendes?
Normal, necesito ensinarcho en vídeo!

Este exercicio de torso II, encontraralo, por exemplo nalgúns movementos característicos do ritmo Sinté.

Espero poder ensinarche algúns destes movementos directamente das aulas, pois estamos traballando o Sinté no grupo de Carballo.

P. D. Si te animas a bailar, para as regulares xa non estás a tempo, pero podes consultar os cursos intensivos que hai en vigor aquí.

P. D. 2 Si tes comentarios, porfa, non te cortes, estarei feliz de leerte!

Categorías

Artigos recentes