Cargando eventos

 

Danza-africana-26-xaneiro-coruna-Tania-Veiga

Curso intensivo de Danza Africana con Tania Veiga e músicos; 26 de xaneiro, Coruña.

Queres comezar o 2019 con enerxía renovada? Ven gozar da danza africana, poderás por fin coidarte dunha forma divertida e completa (corpo, mente e espíritu).

O día 26 de xaneiro estaremos en Danzalia Mundi (Coruña), desta vez cun horario diferente, de 17h a 20h. Non sabes onde está Danzalia?, pois aquí!

RESERVAS ATA O 18 DE XANEIRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE ANÓTATE XA!
Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.
Anótate aquí!

 

 

É importante que deas o paso que te levará a vivir plenamente, cun corpo en forma, unha mente áxil e un espíritu alegre.

Utilizo a sabedoría popular do oeste de África reflexada na danza para sentirme mellor comigo mesma e este é o propósito último deste curso, que te sintas estupendamente!

Estes son outros beneficios de vir a clase:

  • Freas o envellecemento (aquí tes un artigo sobre esto)
  • Aceleras o emBelecemento
  • Sobes as escaleiras sen sufocarte
  • Gañas forza vital (como a de Songoku) para afrontar este mundo tan desgastante.
  • Liberas estrés tras un duro día de traballo.
  • Recuperas o bo humor; a túa familia estará encantada de que bailes.
  • zzzZZZ gozas dese sono reparador e profundo porque terás a mente relaxada e sen exceso de enerxía.
  • A máis torpe da familia? Baixarás do podio
  • Achégaste a África dende o respecto e a admiración.
  • Serás fonte de Beleza; brilará o sol que hai en ti!

 

Non me esquezo de recordarche que nesta sesión contaremos tamén (como normalmente) con percusión en directo. A percu é importantísima neste curso, porque por un lado queremos que a túa experiencia sexa o máis cercana posible á realidade do oeste de África e por outro lado porque sen a percu non pode acontecer a maxia que hai en clase.

RESERVAS ATA O 18 DE XANEIRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE ANÓTATE XA!
Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.
Anótate aquí!

Neste intensivo traballaremos sobre o ritmo Soko!

E non é a primeira vez que vou a Danzalia con este ritmo, pero a córeo sí será diferente, inda que manteremos os movementos que eu creo que son propios deste ritmo.
Pódoche contar que este é un dos ritmos que máis veces me ensinaron e que é un dos ritmos do oeste de África máis extendidos por Europa.
Soko é un ritmo que ten moita forza, a forza que deben demostrar os cativos cando pasan da estapa de nenez á etapa de madurez.
Ven e descóbreo con nós! Espero verte!

P.D. Recorda que as prazas son limitadas e só poderás anotarte ata o 18 de xaneiro.

 

Anótate aquí!