Cargando eventos

Intensivo danza africana coruña 9 marzo

Curso intensivo de Danza Africana con Tania Veiga | 9 de marzo | Coruña.

 

Queres moverte un pouco? Sentir o ritmo dos tambores e adentrarte no universo da danza con base na tradición do oeste de África?

O 9 de marzo estaremos en Danzalia Mundi, A Coruña; de 17h a 20h impartindo un curso intensivo de danza con base na tradición do oeste de África.

Non sabes onde está Danzalia? Pois aquí!

RESERVAS ATA O 28 DE FEBREIRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE INSCRÍBETE XA!
Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.
Anótate aquí!

 

 

Estes son algúns dos beneficios de participar no intensivo:

  • Renovas enerxía.
  • Aceleras o emBelecemento.
  • Gañas forza vital (como a de Songoku) para afrontar este mundo tan desgastante.
  • Liberas estrés tras un duro día de traballo.
  • zzzZZZ gozarás dese sono reparador e profundo porque terás a mente relaxada e sen exceso de enerxía.
  • Achégaste a África dende o respecto e a admiración.
  • Serás fonte de beleza; brilará o sol que hai en ti!

 

Si queres saber máis sobre os beneficios de practicar danza africana, podes visitar a páxina de cursos.

Non me esquezo de recordarche que nesta sesión contaremos tamén (como normalmente) con percusión en directo. A percu é importantísima na danza tradicional do oeste de África.

Traemos os tambores porque queremos que a túa experiencia sexa o máis cercana posible á realidade do oeste de África e por outro lado porque sen a percu non pode acontecer a maxia que acontece nestes cursos.

RESERVAS ATA O 28 DE FEBREIRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE INSCRÍBETE XA!
Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.
Anótate aquí!

Neste intensivo de danza africana traballaremos sobre o ritmo Soko!

 

Lévoche, ademais dun método coidado para que bailes coñecendo o que fai teu corpo (con control corporal), a experiencia de ensinar os mesmos movementos nas miñas aulas regulares para que así poidas aprender mellor. Xa verás coma en 3h te poño a bailar!
Pódoche contar que este é un dos ritmos que máis veces me ensinaron e que é un dos ritmos do oeste de África máis extendidos por Europa.
Soko é un ritmo que ten moita forza, a forza que deben demostrar os cativos cando pasan da estapa de nenez á etapa de madurez.
Ven e descóbreo con nós! Espero verte!

P.D. Recorda que as prazas son limitadas e só poderás anotarte ata o 28 de febreiro.

 

Anótate aquí!