Estirar? Puff que pereza

Estirar? Puff, que pereza!

Eres das persoas que pensa que alongar non vale para nada, é doloroso e da moita preguiza?

Eu para nada estou dacordo con iso, pero sei que pertenzo a unha rara minoría 😉

Con todo, é completamente normal que teñas esas crenzas en relación ós alongamentos.

Por unha banda, os alongamentos que chegan a nós habitualmente sí son dolorosos; non nos ensinan a estirar sen chegar ó punto de dolor. Pero debes saber que hai diferentes formas de alongar, algunhas delas moi pracenteiras.

Podemos sumar outro factor á pouca popularidade que ten a elasticidade ou os alongamentos: en que repercute na nosa cotidianidade? Aparentemente, en nada! A-PA-REN-TE-MEN-TE.

Ademais, quizais para ti a túa figura sexa importante. En xeral as persoas preocupámonos máis polo noso aspecto externo que interno. Aparentemente ter unha boa elasticidade non se ve, non repercute na nosa figura. A-PA-REN-TE-MEN-TE.

Digo aparentemente e daquí a un pouco entenderás porqué.

Máis ou menos, este é o panorama. E con este panorama, quen se vai poñer a alongar despois dunha cansada xornada de traballo? Sempre vai apetecer máis quedar tumbada no sofá, tomar unha cerve ou saír a dar un paseo, non?

Incluso, quizais dentro da túa rutina semanal, realices actividades físicas, pero mala sorte (bueno, ti pensarás que menos mal…), non reservan un tempiño para traballar a elasticidade.

Sumados todos estes factores, o resultado é que a maioría da poboación non posúe rutinas de elongamento.

Veña, vou ver si consigo facerche cambiar de opinión?

Que tal si en lugar de falar de alongamentos falamos de relaxación? Así xa parece un pouco máis apetecible, non?

Normalmente, partimos dun músculo que está “acortado” e buscamos restablecer a súa lonxitude. Sen relaxación, ese restablecemento é á base de forza, dor e tensión. Realmente, manter tensión mentras elongamos é contraditorio. Realmente relaxarse cando hai dor é moi difícil.

Coñeces os estiramentos pasivos?

Son estiramentos nos que non actúa a nosa forza muscular. Estamos relaxadas e é a forza da gravidade (ou a axuda dun/ha compi) a que actúa para elongar.

Estes son moi pracenteiros porque respectas totalmente o teu estado muscular, porque estas relaxada e porque podes observar como o teu músculo vai cedendo e tes máis elasticidade da que pensabas.

Unha vez que aprendes a relaxarte mentras alongas, despois poderás facer dende a relaxación elongamentos activos, que son os máis coñecidos.

Tes dolores musculares?? Contracturas cervicais, dolor lumbar, ciática??

As contracturas poden vir dun exceso de tensión muscular. Simplemente temos o músculo contraído máis tempo do debido. O músculo, cando contraído está acortado e permanece como un bloque (realmente este bloque está tratando de defenderte ante un ataque externo). Pode rematar inflamándose a zona, modificar a conformación das nosas articulacións e causar dor.

Ves? As túas contracturas se beneficiarían de aprender a relaxar a musculatura. Acaso non paga a pena aprender algunha rutina faciliña e pracenteira si así evitas levantarte con dor? Ves como introducir rutinas de relaxamento sí afectan á túa vida cotiá?

E tamén é cousa da elasticidade que poidas agacharte a atar os zapatos e que lle chegues sen problema ou que non quedes bloqueada, que poidas rascarte toda a espalda… Vamos que sí hai moitos actos cotiás nos que a nosa elasticidade intervén.

Dacordo, non fai falla facer o espagheti, pero si atarte os zapatos sen problema!

Por último, ¿como afecta a túa relaxación muscular na túa figura? Si así non o ves claro pensa en como afectan as túas contracturas na túa fisionomía?

Estou segura de que un fisioterapeuta é capaz de recoñecer ás persoas contracturadas só por como camiñan.

Ter os ombros caídos, chepa, columna arqueada… non falan máis que de que temos o lombo feito polvo, chea de contracturas que modifican a nosa estrutura que desfán a nosa figura.

Tes motivos abondo para considerar interesantes as rutinas de elongamentos: poden ser pracenteiros e relaxantes, remitirán as dores que proveñen das contracturas, ampliarás o rango de movemento das túas articulacións e posuirás unha figura máis bonita.

O ideal é que busques unha actividade física que incorpore relaxamentos, pero si non é posible, neste blog terás rutinas de diferentes elongamentos para distintas partes do corpo.

Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.

Por suposto, si coñeces a alguén que se beneficiaría duns bos alongamentos/relaxamento, compártelle este post!

En próximos vídeos ensinareiche rutinas para que alongues sen sufrir 😉

Que teñas unha feliz semana!