Disciplina na danza con Tania Veiga

Disciplina, ti tamén lle tes pavor?

Nos textos da miña web aparece a palabra disciplina.

Teño a sensación de que calquera que aterriza alí sairá despavoridx si lee que en clase traballaremos con disciplina.

Sin embargo, eu son unha persoa disciplinada e considero que isto é unha cualidade positiva. A disciplina no meu caso me permite avanzar.

Non me custa comprometerme comigo mesma para alcanzar algún obxectivo.

Busco a definición de disciplina no google e, para a miña sorpresa, atopo dúas acepcións que explican tanto o pavor de moitas persoas ante esta palabra como o meu gusto pola disciplina.

Disciplina (de google)

nome feminino

  1. Conxunto de regras de comportamento para manter a orde e a subordinación entre os membros dun corpo ou colectividade nunha profesión ou nunha determinada colectividade.

    «disciplina militar; a disciplina da clase; o deputado rebelde foi sancionado por non acatar a disciplina do partido na última votación; etc»

  2. Conxunto de regras ou normas cuxo cumprimento de forma constante conducen a certo resultado.

    » a forza de disciplina, mellorou enormemente a súa técnica interpretativa; para as personaxes de Agatha Christie, o crime, antes que ser un delito, é unha extravagancia espiritual que esixe unha rigorosa e exquisita disciplina intelectual”

Cal pensas que é a disciplina que me gusta? Cal pensas que é a disciplina que incorporo na miña vida, nas miñas clases?

A segunda, por si quedan dúbidas.

Si, as miñas clases son ordenadas. Si, os exercicios que facemos perseguen un fin: que poidas divertirte e aprender en condicións de calidade. Tamén hai momentos para a improvisación e tamén me permito modificar o que tiña planificado en favor do grupo ou dun impulso interno.

Simplemente, a miña disciplina e compromiso cas clases me “obrigan” a buscar un momento en cada semana, mes, trimestre e ano para planificar uns exercicios, uns quentamentos, unha córeo e un curso completo. Desta forma todo acontece por algo e sei que a aprendizaxe é moi completa.

Son disciplinada e amo a liberdade. A miña liberdade depende de conseguir vivir dun xeito particular (vivindo do que me gusta) e para conseguir isto teño moooooooooooooiiiito que traballar.

Para isto, pénselo ou non, preciso da miña disciplina.

Cóntoche todo isto, para que poidas comprender mellor como poden ser as miñas aulas si nunca estiveches nelas. Cóntoche todo isto, para que non saias correndo despavoridx cada vez que escoitas a palabra disciplina.

Si, sae correndo si pretenden darche órdenes ilóxicas, que atentan contra o teu benestar e integridade ou si o motivo é só cumplir un respeto a unha autoridade. Neste caso, escaparemos xuntas.

Todo ten pros e contras… para min ser organizada e disciplinada é moi doado. En cuestións de danza, síntome cómoda seguindo unhas pautas, aiii, pero que mal o paso cando se trata de soltarme e improvisar…

Estarei moi feliz si queres contarme cal é a túa percepción da disciplina, si eres ou non disciplinada, si che gustaría selo un pouco máis ou un pouco menos.

Por suposto, podes compartir este vídeo.

Que teñas unha feliz semana!