4 dificultades á hora de aprender danza malinké e 4 solucións

Que dificultades tes para aprender danza malinké?

Ola bonitx!

Hoxe encantaríame estar contigo para que me contaras qué dificultades tes na aprendizaxe de danza para así buscar as solucións.

Estar con todxs non é viable, pero sí podes deixar un comentario sobre cales son as túas dificultades ou escribirme a info@danzataniaveiga.com, e así noutro vídeo podo explicarche como solucionalo.

Podería estar falando daquí a mañá sobre as dificultades que eu tiven ou vexo que teñen xs alumnxs á hora de bailar para aportar as solucións, claro; pero non quero facer un vídeo moi extenso.

Abordarei 4 limitacións cas súas solucións.

Aquí fago dous grupos:

  1. Aquelas dificultades que te impiden vir a clase e poñerte en marcha.
  2. Aquelas dificultades que cando estás en clase limitan a túa aprendizaxe.

A vergoña é unha dificultade que te limita á hora de poñerte a bailar. É unha pena, xa que si che gusta a danza, estás a perder o tempo. Pero tranqui, escoita os meus consellos e quizais consigamos desatascar esta situación!

Outro dos impedimentos para poder vir a clase é a falta de tempo. Quizais che aporto algunha opción que non teñas considerado. Ás veces estamos tan obcecadas que nin nos paramos a pensar alternativas que encaixen na nosa rutina semanal.

Pero si ves a clase, quizais teñas problemas para comprender os ritmos do oeste de África ou para seguir o ritmo da aprendizaxe. Mira o vídeo porque che dou unhas ideas para solventar estas dificultades.

Durante o vídeo mencionei varias veces o CURSO SEMIPRESENCIAL DE DANZA MALINKÉ, BORON.

Tes toda a información aquí!

P. D. De verdade que me encataría que me contaras onde te frustras ou o que che resulta máis difícil á hora de aprender. Comparte con nós a túa experiencia e así medraremos xuntas!