Descobre por que realmente non sabemos bailar. Tania Veiga Danza Africana

Sabes por que realmente non sabemos bailar?

Hoxe quero compartir contigo unha información que para min foi reveladora. Esta información atopeina nun libro marabilloso: Dooplé, Loi éternelle de la danse africaine de Alphonse Tiérou que por desgracia non o hai nin en galego nin en castelán.

Como supoño que xa saberás, as persoas somos resultado da nosa cultura. Supoño que tamén saberás que o catolicismo impregnou a nosa cultura durante moitos séculos e que sexas ou non sexas unha persoa cristiá, a túa moral e a túa ética responden a moitos preceptos cristiás.

En cuestións de danza tamén.

Agora me explico:

Durante os imperios grego e romano, a danza era unha disciplina amplamente practicada, unha actividade do cotiá. Entendíase que a danza elevaba o espírito e melloraba a fortaleza corporal. Tanto nos estratos sociais máis pobres coma nos ricos, se promovía a aprendizaxe e a práctica da danza.

Me pregunto si Europa por aqueles tempos sería como o Oeste de África, explícome: no oeste de África é doado ver ás persoas bailar. Todas as celebracións teñen danza. E non é que se contrate a un grupo que baile, se non que é o pobo. Tanto ricos coma pobres.

Para que me entendas, cóntoche unha anécdota: Leopold Senghor, que foi o primeiro presidente de Senegal conta que ó rematar con bos resultados seus estudos superiores, súa nai celebrou o acontecemento e deulle a noraboa: non chorou, non berrou, non o abrazou nin o bicou; bailou!

Que pasou logo en Europa para que a situación cambiase tanto? Por que hoxe día a danza é practicada en grupos moi reducidos? Somos poucas as persoas que bailamos.

Aquí é onde entra en xogo a igrexa católica. Si eres cristiá, non te preocupes, isto non vai ser unha crítica feroz, é un dato obxectivo.

O catolicismo impuxo que todo o culto ó corpo era pecaminoso. Os bailaríns eran perseguidos, a danza proibida e desta forma a danza deixou de ser popular (é dicir, nin do pobo nin do cotiá). Unicamente perduraron algunhas danzas folclóricas dos estratos pobres e os bailes de salón da nobreza posteriormente da burguesía.

No contexto das clases altas evolucionaría a Danza Clásica, buscando unha estética refinada e en comunión cos preceptos cristiáns: búscanse as liñas rectas para chegar ó ceo, trabállase mediante a disciplina e a rixidez. Transfórmanse movementos naturais como pode ser un salto en movementos artificiais, repito, para conseguir a idea da levedade, da pretensión de chegar ó ceo, e desa estética verticalizante.

Daquela, o que quero que saibas é que levamos moitos séculos despoxados dunha ferramenta que nos permitiría elevar o noso espírito e mellorar a nosa fortaleza física, como pensaban gregos e romanos.

O feito de que no oeste de África a maioría das persoas bailen, non é por sangue nin por xenética; é por cultura ( si queres entenderme podes ler o post: Todxs os africnanos saben bailar? ).

Si pensas que non sabes bailar, si non che atrae tanto, si te sintes ríxidx e desconectadx do teu corpo, non é por impedimento xenético, é por castración cultural, porque perdimos a cultura do baile.

Así que, repito unha vez máis como tantas outras. Recupera a túa esencia, revélate contra máis de 10 séculos de opresión e comeza a bailar. Levarache máis ou menos tempo, pero é isto, só cuestión de tempo para que comeces a coñecer, controlar e sentir teu corpo e a expresarte por medio del.

Esta é unha lección de historia e é unha lección que nos ensina, unha vez máis, que somos produto da nosa cultura. Si non che gusta ser un produto dunha rixidez que nos cortou alas, rebélate! Baila!

Si coñeces a quen precise esta información para comezar a mellorar a súa vida, compártelle o post., ambos cho agradeceremos!

Feliz semana!