Diálogo entre danza e percusión

Como nos sincronizamos nun baile para cambiar todas de paso?

Que clase de alquimia acontece?

Ao pouco de comezar a interesarme pola danza africana, unha das cousas que máis me chamaban a atención era ver como de repente, tódalas bailarinas cambiaban á vez de movemento.

Por si non o sabes, a maioría das coreografías de danza Tradicional do Oeste de África fórmanse a partir de varios movementos que se repiten cada un unhas cuantas veces e van cambiando.

Para cambiar de movemento, hai varias formas.

O máis fácil sería contar; é dicir, pois dámoslle catro voltas a este movemento e cambiamos ó seguinte.

O máis difícil sería cambiar por escoita grupal. Ata creo que esto non funcionaría porque os cambios son repentinos. A sensación de facelo así sería a mesma que tes cando todo o grupo xa cambiou e ti non te enteraches e vas detrás.

Ningunha destas é a forma tradicional.

No tradicional os cambios veñen da música. É o djembe solista o que dirixe, inda que non vale de calquera forma.

O djembe solista fai unha “chamada” musical que sería o equivalente a contar 1,2,3,4, para avisar que hai que cambiar de paso.

Esto é moi interesante.

Obrigatoriamente traballamos o noso oído musical. Obrigatoriamente temos que estar presentes. Obrigatoriamente, ademais de pensar nos movementos, debemos estar atentas ó que pasa ó noso arredor. Porque poden ser tres voltas do paso, catro, cinco ou seis, aseghún teña o día o noso djembefolá.

É moi interesante porque as córeos non son idénticas. Varían na súa duración porque varían as repeticións de cada paso (e pode variar o tempo da música).

Sempre falo da importancia de traballar en grupo e como podemos facelo en Danza Africana. En parte é por esto que che estou contando.

A verdade é que ó principio é difícil de sentir a chamada, pero con tempo (menos de tres meses), interiorízaseche e o cambio é automático.

Por iso en clase, ó inicio imos aprendendo os movementos, deixando que o ritmo se nos meta na orella sin racionalizalo moito. Chegados a un punto do trimestre, traballamos conscientemente o ritmo; precisamos saber cantalo como mínimo. Non suele haber problema porque xa o temos moi escoitado. É entón cando sí traballamos conscientemente con chamada. Así non nos aturullamos.

A verdade é que estou contenta con este método, con este modus operandi, porque da bos resultados.

Quizais hai persoas que precisan máis de tres meses para que a chamada sexa fácilmente identificable, pero a norma non é esa. De todos modos, non importa, haberá máis trimestres e cursos para seguir practicando.

A día de hoxe, a min pásame que si estou practicando sin percu, cántome a chamada para cambiar o paso. Resúltame máis doado. É inmediato.

Este 1,2,3,4 en forma de percusión non vale en calqueira sitio. Ten que estar no punto xusto no que nos permite rematar o paso e empalmar con seguinte fácilmente ( a non ser que teñas claros motivos para cortar o movemento).

Este é unha das claves dun bo djembefola, que nos facilita a tarefa.

Hai veces que a chamada vai nun lugar errado. Cando non controlamos isto ben (quen o ten que controlar é a profe e xs músicxs) parece que o corpo non nos reponde, que nos aturullamos, que algo cadrou mal. Si, inda que xs alumnxs non teñan que saber onde está ben e onde mal, o corpo si que o sabe.

Si te adicas a ensinar danza africana ou si queres ensinarlle a alguén algúns movementos e vas ter percu, asegúrate de saber onde ten que ir a chamada, asegúrate de ter un djembefolá que coñeza isto. Se non, será máis difícil bailar.

Déixoche un link a un post que che pode valer por si queres ir entrenando o teu sentido do ritmo << Queres traballar o teu sentido do ritmo? Vamos con Sinté! >>

Por suposto, podes compartir este post con quen queiras!

Si queres formar parte da comunidade de revitalizadxs gracias á Danza Tradicional do Oeste de África e asistir ás clases o curso 18/19, anótate na lista de aviso preferente. Ademais de mandarche a info do curso, recibirás un aviso uns días antes de abrir o prazo para inscribirte. Así terás algo de vantaxe para asegurarte que tes praza, pois estas son limitadas.

Xa me despido, feliz semana!