Como danzar seguindo os teus impulsos, descontrol vs técnica

Como danzar seguindo os teus impulsos?

Inspirándome en Aphonse Tierou:

“Todx bo bailarínx debe primeiro aprender e controlar a base do movemento, a esencia, para logo poder trascendelo e facelo seu. Precisa ser mestre da técnica, para logo moverse segundo seus impulsos propios.”

A danza do oeste de África, en liñas xerais é moi rápida, require (e aporta) moita enerxía. Dende ollos pouco entrenados, puidera parecer que xs bailaríns simplemente soltan o corpo e eses son os movementos que lles saen. Puidera parecer tamén que se desenfrenan e están descontroladxs, que caen nunha especie de trance.

Nada máis lonxe.

Segundo Aphonse Tierou e segundo o que outras mestras me teñen demostrado e segundo a miña propia experiencia, para poder bailar seguindo os meus impulsos, necesito aprender a controlar o meu corpo, necesito empaparme do movemento, tomar consciencia plena.

Sorpréndeste?

Eu nun comezo tamén pensaba que danzar seguindo os teus impulsos sería algo así coma non pensar e deixar o corpo ir.

E esto é correcto, pero o que non vai acontecer é que saia de nós unha linguaxe que non temos (se non xs bailarínxs profesionais non se desvivirían por atopar movementos e códigos novos). Daquela si o que queremos é facer unha improvisación, só sairá aquelo que teñamos interiorizado.

Mala noticia: hai que curralo! Boa noticia: todxs podemos é cuestión de repeticións!

Con BORON (Curso Semipresencial de Danza Malinké) poderás interiorizar e integrar os movementos perfectamente para así facelos teus e poder seguir os teus impulsos propios.

Tes máis información aquí!

Recorda que o prazo de inscrición para Boron remata o 11 de abril. Podes escribirme a info@danzataniaveiga.com si queres inscribirte.

Categorías

Artigos recentes