Como alongar pernas; para preguizosxs

Como estirar piernas, estiramiento piernas fácil, como estirar las piernas,

Como alongar pernas? Para preguizosxs

Cantas veces non tes chegado a casa cas pernas moi cansadas? Ou quizais con certo cosquilleo porque a circulación non vai moi alá por pasar tanto tempo sentada.

Quizais xa teñas varices, que poden estar causadas por unha mala circulación.

Sabes que te beneficiarías de inmediato dunha boa rutina de alongamentos e de pasar un ratín cas pernas en alto, verdade?

Non te preocupes, enténdote perfectamente. Despois dunha longa xornada de traballo, alongar apetece tanto como correr unha maratón.

Póñolle remedio: neste caso, o que terás que facer será pouco máis que tirarte no chan e deixar que a gravidade che axude 😉

Hoxe quero ensinarche outros dos meus alongamentos preferidos. Son alongamentos pasivos que podemos facer con axuda dunha parede.

Con estes alongamentos saberás como estirar facilmente algúns dos músculos das pernas e tamén algo da zona baixa da espalda, sen esforzo.

Sentirás un gran alivio e mellorarás a circulación!

Son perfectos para aquelas persoas como camareirxs e dependentxs que pasan moito tempo de pe (inda que eu creo que si traballas moito tempo sentadx, tamén che veñen ben, porque activas a circulación); excelentes si tes varices.

Para gozar do vídeo (si, podes gozar duns alongamentos e por suposto de como te quedas despois) precisas unha parede despexada da túa casa, nada máis.

Veña, a relaxarse alongando! Podes darlle ó play!

Por si non tes claro porque e para que debes alongar, quizais poida abrirche os ollos con este post: Estirar…. Puff que pereza

P. D. Xa sabes que me encantaría que me comentaras que tal che foron os alongamentos e si che gustaría aprender a alongar algunha zona en particular (por exemplo, aquela zona que teñas sobrecargada).

Queres aprender con nós a bailar un Soko?

Non che veñen ben os horarios das clases regulares?

Ou é que claro, na Coruña inda non temos grupo regular (pero chegará ;)) e tes ganas de bailar con nós.

O día 26 de xaneiro estaremos en Danzalia Mundi (Coruña, non sabes onde está Danzalia? Pois aquí!), desta vez cun horario diferente, de 17h a 20h.

RESERVAS ATA O 18 DE XANEIRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE ANÓTATE XA!

Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.

Neste intensivo traballaremos sobre o ritmo Soko!

E non é a primeira vez que vou a Danzalia con este ritmo, pero a córeo sí será diferente, inda que manteremos os movementos que eu creo que son propios deste ritmo.

Pódoche contar que este é un dos ritmos que máis veces me ensinaron e que é un dos ritmos do oeste de África máis extendidos por Europa.

Soko é un ritmo que ten moita forza, a forza que deben demostrar os cativos cando pasan da estapa de nenez á etapa de madurez.

Ven e descóbreo con nós! Espero verte!

P.D. Recorda que as prazas son limitadas e só poderás anotarte ata o 18 de xaneiro.

Quero reservar praza no intensivo do 26 de xaneiro!!
Danza-africana-26-xaneiro-coruna-Tania-Veiga

Si queres máis información sobre o curso intensivo, clica aquí: Curso intensivo 26 de xaneiro

Categorías

Artigos recentes

2018-12-03T13:55:26+00:00

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.