Comparto contigo movementos e fragmentos de coreografías de danza africana para que vaias aprendendo e acompañando as aulas de danza.

Porque si a miña visión comparte que a través da danza podemos sanarnos e alcanzar unha maior plenitude nas nosas vidas, retrasar un envellecemento prematuro por causa do estrés e recuperar  a vitalidade; quero que poidas bailar.

Nunca será sustituíble unha clase presencial por calquera outra online. Falta o calor dxs compis, a música en directo. Pero é certo que podes comezar a practicar, a poñerte en marcha comodamente dende casa.

Así, nesta sección do blog quero que bailes comigo e que poidas facer un seguimento das aulas presenciais. Ireiche amosando o que imos facendo ó longo do curso.