Necesitas consellos de danza para bailar mellor ou para comezar a bailar?

Nesta sección atoparás consellos de danza, para mellorar ou poñerte en marcha.

Bailar implica moito, verdade? É moverse si, con certo ritmo ou seguindo uns patróns.

Cando son movementos que nos saen de forma innata, todo ben, pero cando queremos aprender movementos novos… buf patos mareados, non si?

Esto é normal, sempre fago o paralelismo con aprender unha linguaxe nova, pero corporal. Leva tempo e ó comezo sentímonos moi torpes. Pero pouco a pouco, unindo letras conseguimos palabras e unindo palabras conseguimos frases e falar.

Xa sei que non é sinxelo. O que máis nos impide avanzar son as nosas limitacións psicolóxicas (eu non sei, son torpe, fago o ridículo, esto para min non é, non teño sentido do ritmo…).

Por isto necesitas consellos.

Por iso lle adico toda unha sección do blog a desfacer esas crenzas erradas sobre ti mesma, para que comeces a bailar. Para que deixes de perder a oportunidade de sentirte estupendamente contigo mesma!

Os consellos que che ofrezo, parten da miña propia experiencia. Neste caso, consellos aplicados, nada de consejos vendo pero para mi no tengo…