Boron é un curso semipresencial para que te coides nos teus horarios e na túa casa.

Cantas oportunidades tes de divertirte mentras te coidas?

Cantas de facelo na túa casa, nos teus horarios?

Na túa casa si, salvo a sesión presencial.

Para min é importante tanto a túa saúde (e a diversión e desconexión do cotiá, forman parte dela) como conectarte co teu corpo. Quero que bailes pero con consciencia e control, por iso explico os movementos con detalle e traballo a técnica do movemento nos vídeos.

Na sesión intensiva, volveremos ós movementos con detalle, pero aquí o primordial é asegurarme de que sentirás a enerxía dos tambores, de bailar cas compis e que chegues á maxia que sentimos cando se dan estes factores: a música, as persoas e o coñecemento do movemento.

Canto valor ten para ti o teu benestar?

Si eres alumna de Boron, poderás ter a túa sesión semanal de desconexión do cotiá e de coidado para ti. Comezarás a sentirte ben ó moverte, ó realizar unha actividade física que pode deixarte cansada, pero recargada e de bo humor.

Na sesión presencial, coñecerás a unha comunidade marabillosa de persoas cas que compartir moita enerxía, onde te sentirás coidada.

Recupera o teu bo humor, a túa vitalidade, séntete a gusto co teu corpo!

Coidarémoste eu, xs músicxs e as compis!

BORON é un Curso Semipresencial de Danza Malinké

Que significa Semipresencial? Que posúe unha primeira parte online e unha segunda parte offline.

Cas leccións online, poderás aprender os movementos na túa casa cando queiras e ó teu ritmo. Unha vez que esteas familiarizada cos movementos chega a parte offline que consiste nunha sesión presencial intensiva de tres horas.

Este é un curso deseñado para ti si precisas cada semana un ratiño para ti mesma, para romper co runrún do cotiá, para coidarte divertíndote; pero non podes participar das aulas presenciais.

Pensado para ti tamén si eres perfeccionista, porque nas leccións online explícoche os movementos con detalle, para que poidas ir asimilándoos fácilmente. Poderás repasar os vídeos tantas veces como queiras!

PODES ACCEDER GRATUÍTAMENTE Á PRIMEIRA LECCIÓN ONLINE DE BORON

Cansada de estar cansada? Aburrida de facer esforzos no ximnasio para rematar deixándoo de lado?

Tes claro que o tempo pasa voando, que é posible facer exercicio e coidarse á vez que te divirtes. Sabes que a túa saúde non é só o teu aspecto externo.

Pero o que non sabes e qué facer, cómo divertirte mentras fas deporte.

Coñeces a Danza Malinké? A Danza Tradicional do Oeste de África?

Nesta danza, bailamos con percusión en directo, movemos todo o corpo, soltamos moita adrenalina, cansamos a nosa musculatura á vez que recargamos pilas.

Os teus horarios son imcompatibles cos cursos presenciais ou tes vergoña? Seguro que prefirirías aprender ó teu ritmo, na túa casa, nos teus horarios; antes de aparecer en público…

A falta dunha práctica que te faga moverte ten consecuencias na túa vida e sábelo verdade?

Non dormes igual, tes peor humor, incluso hai días en que non sabes onde se che quedou a ilusión pola vida que tiñas con 20 anos.

O corpo, tan áxil con 20 anos, vai perdendo fuelle; paréceche que comezas a perder centímetros de altura, que te encolles… Sen esquecernos das ganas que tes algúns días de marchar ó monte e botar un berro ó aire, para quedarte tan a gusto.

Pero eres nova e intelixente. Sabes que estás nunha situación reversible e queres cambiar. Sabes que non tes que seguir vivindo así os moitos anos que che quedan.

Teño a solución, do not worry!

Queres máis detalles sobre Boron?

Por que Boron ten unha parte online?

Porque quero dar solución á túa casuísta:

  • Non sufrirás a vergoña porque poderás estar na túa casa.
  •  Fágocho doado: ensínoche os movementos con detalle, desmenuzados e aumentando capas de dificultade. Poderás pausar o vídeo e recomezar tantas veces como necesites, ata que o movemento estea no teu corpo.
  •  Adáptalo ós teus horarios.
  •  Si ti, non podes vir ás clases, son eu a que irá á túa casa!

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

Por que Boron consta tamén dunha sesión presencial?

Necesitas sentir o baile ca percusión en directo!

Este será o momento máis liberador cando sintas a adrenalina, cando saibas que eres fonte de beleza e que ca práctica conseguimos romper os muros da descoordinación, torpeza ou vergoña.

A sesión presencial será en Santiago de Compostela o sábado 25 de maio de 17h a 20h. Podes axendar xa mesmo e aproveitar a ocasión para facer turismo por Compos. Non sabes a de lugares que coñecín gracias ós cursos de danza!

Que garantías tes de que teño unha boa didáctica?

Os movementos e a coreografía que aprenderás, son movementos que teño ensinado xa, por iso sei cales son os erros máis frecuentes, os movementos que nos resultan máis doados e os que son máis difíciles. Gracias a isto podo anticiparme ó que che poderá acontecer e aconsellarche, mesmo si só estou virtualmente contigo.

Da ciencia (son doutora en Bioloxía) aprendín un pensamento lóxico e analítico que me acompaña na danza: permíteme simplificar movementos que serían indescifrables na súa totalidade. Éstas son ferramentas útiles pra ensinar: aprenderás primeiro a base e iremos engadindo capas ata posuír o movemento completo.

Pero ollo, chega un momento no que hai que deixar de lado a nosa mente analítica, porque bailar, o que é realmente bailar, isto sae do corazón, das entrañas. De que te entregues encárgome no intensivo!

Que beneficios conseguirás con Boron?

  • Comezarás a poñerte en forma, sen renunciar á diversión.
  •  Recargarás pilas.
  •  Gañarás en saúde mental: liberas estrés, gañas calma interior…
  •  Sentirás que eres fonte de beleza, que hai un sol dentro de ti que debe brilar.
  •  Achegaraste a unha parte da cultura do oeste de África dende o respecto e a admiración.
  •  Coñecerás a unha comunidade incrible de persoas, tanto músicxs como bailarinxs. Porque as persoas que se achegan a este mundo, créeme, son estupendas!
  •  Gañarás en coordinación, control e consciencia corporais.
  •  Gañarás en sentido do ritmo.

Que necesitas para realizar Boron?

  • Aproximadamente unha hora semanal (inda que podes facer doblete e triplete) durante 5 semanas.
  • Un espazo o suficientemente amplo como para abrir brazos e non chocar e desplazarte cara os lados.
  • Vir a Compos o sábado 25 de maio en horario de 17h a 20h.

Cando acontece Boron?

Agora a convocatoria está pechada, pero si che interesa podo avisarte das próximas convocatorias.

Para ello, simplemente accede á primera lección. Así xa temas teu mail para avisarte 😉

De que consta o curso?

  •  Vídeo 1 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 2 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 3 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 4 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 5 + folla de exercicios.
  •  Sesión presencial intensiva con percusión en directo en Santiago de Compostela, sábado 25 de maio de 17h a 20h.

Máis todos estes regalos:

  •  Bonus extra 1: tres audios co ritmo sobre o que imos traballar con tres velocidades diferentes para que elixas según a caña que precises ó practicar.
  •  Bonus extra 2: rutina para o quentamento.
  •  Bonus extra 3: rutina para o alongamento.
  •  Bonus extra 4: vídeo final ca coreografía completa.
  •  Bonus extra 5: este Bonus é opcional. Non che desvelo moito agora, só que saibas que si queres poderías convertirte nunha verdadeira estrela! Aí cho deixo caer!

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

Queres saber o prezo de Boron?

Que valor ten para ti recibir na túa casa o equivalente a 3 meses de clases regulares +  un intensivo de 3h?

En cinco vídeos ensínoche o mesmo que ensino en tres meses de clases regulares, porque claro, en clase voltamos sobre os movementos novos, pero cos vídeos non ten sentido que realice dous vídeos co mesmo contido 😉

Escríbeme a info@danzataniaveiga.com para saber o prezo, porque este curso ten un prezo reducido, menor que trimestre de clases regulares + intensivo de 3h.

Ademáis, as 15 primeiras inscricións gozarán do 25% de desconto.

Nestes momentos a convocatoria está pechada. Si queres gozar de Boron, accede á lección 1 gratuítamente. Así xa nos quedamos co teu email para avisarte das próximas convocatorias.

Aquí tes un extracto da Lección 1 de BORON

Si queres podes acceder á Lección completa de forma gratuíta!