Boron curso semipresencial online presencial danza africana

Boron; teño algo que anunciarche!

Quizais esteas nalgunha destas situacións:

  • Gustaríache probar a danza africana pero tes vergoña.
  • Gustaríache probar a danza africana pero cres que é moi difícil para ti.
  • Non consegues adaptar os teus horarios ás clases regulares (por exemplo si eres mamá ou si tes un traballo a turnos).
  • Queres bailar, pero non hai danza africana na túa cidade.

Estou segura de que xa sabes que ca danza africana podes liberar estrés, poñerte en forma mentres te divirtes, mellorar o sentido do ritmo e restablecer unha vitalidade que precisas.

Cada vez somos máis as persoas que obtemos da danza africana esa sesión necesaria para subir a nosa enerxía. Cada vez somos máis e quero que ti tamén goces destes beneficios.

Por todo isto, teño creado un curso novo de danza con base na tradición do oeste de África:

BORON. Curso semipresencial de danza Malinké.

O curso é ideal para ti si:

  • Che gustaría probar a danza africana pero tes vergoña.
  • Queres probar a danza africana pero cres que é moi difícil para ti.
  • Non consegues adaptar os teus horarios ás clases regulares (por exemplo si eres mamá ou si tes un traballo a turnos).
  • Queres bailar, pero non hai danza africana na túa cidade.
  • Eres perfeccionista (porque terás os movementos explicados con detalle e o tempo que precises para repetir ata que o corpo o entenda).
  • Non tes experiencia (porque nos vídeos que recibirás poderás aprender os movementos dende a súa base, con todo detalle, pausar o vídeo e repetir os movementos tantas veces como precises).

Queres saber máis sobre Boron?

Por que Boron ten unha parte online?

Porque quero dar solución á túa casuísta:

  • Non sufrirás a vergoña porque poderás estar na túa casa.
  •  Fágocho doado: ensínoche os movementos con detalle, desmenuzados e aumentando capas de dificultade. Poderás pausar o vídeo e recomezar tantas veces como necesites, ata que o movemento estea no teu corpo.
  •  Adáptalo ós teus horarios.
  •  Si ti, non podes vir ás clases, son eu a que irá á túa casa!

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

Por que Boron consta tamén dunha sesión presencial?

Necesitas sentir o baile ca percusión en directo!

Este será o momento máis liberador cando sintas a adrenalina, cando saibas que eres fonte de beleza e que ca práctica conseguimos romper os muros da descoordinación, torpeza ou vergoña.

A sesión presencial será en Santiago de Compostela o sábado 25 de maio de 17h a 20h. Podes axendar xa mesmo e aproveitar a ocasión para facer turismo por Compos. Non sabes a de lugares que coñecín gracias ós cursos de danza!

Que garantías tes de que teño unha boa didáctica?

Os movementos e a coreografía que aprenderás, son movementos que teño ensinado xa, por iso sei cales son os erros máis frecuentes, os movementos que nos resultan máis doados e os que son máis difíciles. Gracias a isto podo anticiparme ó que che poderá acontecer e aconsellarche, mesmo si só estou virtualmente contigo.

Da ciencia (son doutora en Bioloxía) aprendín un pensamento lóxico e analítico que me acompaña na danza: permíteme simplificar movementos que serían indescifrables na súa totalidade. Éstas son ferramentas útiles pra ensinar: aprenderás primeiro a base e iremos engadindo capas ata posuír o movemento completo.

Pero ollo, chega un momento no que hai que deixar de lado a nosa mente analítica, porque bailar, o que é realmente bailar, isto sae do corazón, das entrañas. De que te entregues encárgome no intensivo!

Que beneficios conseguirás con Boron?

  • Comezarás a poñerte en forma, sen renunciar á diversión.
  •  Recargarás pilas.
  •  Gañarás en saúde mental: liberas estrés, gañas calma interior…
  •  Sentirás que eres fonte de beleza, que hai un sol dentro de ti que debe brilar.
  •  Achegaraste a unha parte da cultura do oeste de África dende o respecto e a admiración.
  •  Coñecerás a unha comunidade incrible de persoas, tanto músicxs como bailarinxs. Porque as persoas que se achegan a este mundo, créeme, son estupendas!
  •  Gañarás en coordinación, control e consciencia corporais.
  •  Gañarás en sentido do ritmo.

Que necesitas para realizar Boron?

  • Aproximadamente unha hora semanal (inda que podes facer doblete e triplete) durante 5 semanas.
  • Un espazo o suficientemente amplo como para abrir brazos e non chocar e desplazarte cara os lados.
  • Vir a Compos o sábado 25 de maio en horario de 17h a 20h.

Cando acontece Boron?

  • 11 de abril: finaliza o prazo de inscrición.
  • 18 de abril: entrega vídeo 1 + folla de exercicios.
  • 25 de abril: entrega vídeo 2 + folla de exercicios.
  • 2 de maio: entrega vídeo 3 + folla de exercicios.
  • 9 de maio: entrega vídeo 4 + folla de exercicios.
  • 16 de maio: entrega vídeo 5 + folla de exercicios.
  • 25 de maio: curso presencial intensivo con percusión en directo en Santiago de Compostela en horario de 17h a 20h.

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

De que consta o curso?

  •  Vídeo 1 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 2 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 3 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 4 + folla de exercicios.
  •  Vídeo 5 + folla de exercicios.
  •  Sesión presencial intensiva con percusión en directo en Santiago de Compostela, sábado 25 de maio de 17h a 20h.

Máis todos estes regalos:

  •  Bonus extra 1: tres audios co ritmo sobre o que imos traballar con tres velocidades diferentes para que elixas según a caña que precises ó practicar.
  •  Bonus extra 2: rutina para o quentamento.
  •  Bonus extra 3: rutina para o alongamento.
  •  Bonus extra 4: vídeo final ca coreografía completa.
  •  Bonus extra 5: este Bonus é opcional. Non che desvelo moito agora, só que saibas que si queres poderías convertirte nunha verdadeira estrela! Aí cho deixo caer!

Terás acceso ós vídeos ata o 18 de xullo!

Queres saber o prezo de Boron?

Que valor ten para ti recibir na túa casa o equivalente a 3 meses de clases regulares +  un intensivo de 3h?

En cinco vídeos ensínoche o mesmo que ensino en tres meses de clases regulares, porque claro, en clase voltamos sobre os movementos novos, pero cos vídeos non ten sentido que realice dous vídeos co mesmo contido 😉

Escríbeme a info@danzataniaveiga.com para saber o prezo, porque este curso ten un prezo reducido, menor que trimestre de clases regulares + intensivo de 3h.

Ademáis, as 15 primeiras inscricións gozarán do 25% de desconto.

É moi sinxelo!

Para realizar a túa inscrición no curso Boron, debes escribirme un mail a info@danzataniaveiga.com antes do 11 de abril.

Contestareiche indicándoche si tes praza e como debes realizar o pagamento.

Este é un extracto da Lección 1. Si queres, podes acceder gratuítamente á Lección 1 completa 😉

Cantas oportunidades tes de facer un curso así?

Creo que moi poucas, que eu saiba son a primeira persoa que ofrece un curso semipresencial de danza malinké 😉

Si non aproveitas esta ocasión, unha vez máis non conseguirás romper ca vergoña, subir a túa vitalidade, aprender unha córeo e disfrutar da túa danza…

Estoucho poñendo fácil: durante 5 semanas ti elixes os horarios e aprendes ó teu ritmo, na túa casa, ca intimidade que precises.

Igual ós veciños lles extraña algo, pero seguro que é porque te verán resplandecente 😉

P. D. Inscricións só ata o 11 de abril, escribindo un mail a info@danzataniaveiga.com.

As prazas son limitadas a 25 persoas e adxudícoas por orde de inscrición. Vamos, quero verte bailar!