tambores sagrados, djembe sagrado, tambores africanos, fábula, conto

A historia silenciada; Gurumbé

Existen moitos aspectos da nosa historia que descoñecemos. Algúns deles porque realmente non están estudiadxs, pero outrxs moitos porque realmente non se queren sacar á luz.

Non che parece un pouco estrano que as persoas de Guinea Ecuatorial (que foi colonia española ata hai 50 anos), coñezan os ríos de España, río Miño incluído; e que a maioría dxs que vivimos en España apenas saibamos cal é a capital dese país?

Hai historias silenciadas, como é o caso tamén do papel de España na escravitude de africanxs.

Na Península Ibérica, hai unha africanidade que provén do pasado. Non unicamente houbo presenza da África sahariana, senón que tamén da África subsahariana.

As culturas son o resultado dun proceso de intercambio cultural. Pero porque silenciar a influencia de África na cultura do sur de España? A historia silenciada é contada en Gurumbé.

Hai historias silenciadas, ata que alguén saca á luz aquelo do que non se quere falar. Temos que agradecer  ó director Miguel Ángel Rosales e xs expertxs que aparecen no documental Gurumbé, que nos abran os ollos ante esta realidade.

Pero que facemos falando de historia si este é un blog sobre danza?

Si, recoñezo que estou algo fóra da temática (danza do oeste de África), pero algo de relación hai, porque  no documental hai danza e música.

Podes ver este documental online por un prezo irrisorio, menos de 3€ aquí: Gurumbé, canciones de tu memoria negra.

Tamén che deixo un artigo, por si che apetece lelo antes: La herencia cultural de los esclavos, unha historia callada.

Feliz semana!

P. D. No vídeo fáloche dunha obra de teatro: Manoliño Nguema, dous mundos que se tocan. Aquí tes máis información e un trailer sobre esta obra.